Hesitation Marks

Hesitation Marks
Álbum de Nine Inch Nails
Publicado2 de setembro do 2013 (RU)
3 de setembro do 2013 (EEUU)
Gravación2012 - 2013
Duración61:50
Xénero(s)rock industrial, rock alternativo, música electrónica
Selo(s)Columbia/The Null Corporation
Producido porTrent Reznor, Atticus Ross, Alan Moulder
Cronoloxía
The Slip Hesitation Marks -

Hesitation Marks é o oitavo álbum da banda estadounidense de rock industrial Nine Inch Nails, publicado o 2 de setembro de 2013 no Reino Unido e o día seguinte nos Estados Unidos a través do selo Columbia Records. Trátase do seu primeiro disco dende The Slip, lanzado en 2008, e a súa primeira edición con Columbia. O seu título deriva do termo hesitation wounds, que son as feridas producidas ao probar unha arma branca antes dun intento de suicidio ou de auto-lesionarse.

O primeiro sinxelo, "Came Back Haunted", apareceu o [[día 6 de xuño de 2013. O 12 de agosto, Amazon UK lanzou oficialmente o segundo tema, "Copy of A", dispoñible gratuitamente como descarga dixital. O 22 de agosto, unha copia para a radio de "Find My Way" foi subida a YouTube. O día 27 dese mesmo mes o álfum foi posto en streaming en iTunes despois de que fose filtrado en Internet. Hesitation Marks está dispoñible con dúas masterizacións distintas para a súa descarga dixital, unha verión "estándar" e a "Audiophile Mastered Version" (esta última con maior rando dinámico, sen que pretenda competir na guerra do volume).


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy